Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

Propostas para o fin de semana

Imagen
☀ Aínda que luce moito sol e seguro que ides pasar moito tempo gozando del, queremos deixarvos algunhas ideas (que recollemos de Afundacion na casa e aulas galegas) para cando cheguemos a casa... Traémosvos un pouco de todo: Receita de bocadillos mesmo para levar á praia ou ao campo Teatro en familia: Gatuxo, de Magin Blanco Experimentos en familia: E mesmo unha sesión de ioga sesion de ioga para infantil Para rematar unha proposta matemática con bloques de construcion https://aulasgalegas.org/copia-de-patrons-con-lego/ Esperamos que vos gusten,  o luns volveremos con novas propostas

Terceiro video de retos!

Imagen
Aquí vos van outros catro retos, estades preparadas e preparados?

COÑECEMOS AS EMOCIÓNS

Imagen
   As emocións son reaccións do noso corpo ante algún estímulo da contorna ou do noso propio organismo.    Os nenos e nenas experimentan as mesmas emocións que os adultos, por iso é importante que aprendan a identificalas e saber que función cumpre cada unha delas. Non hai emocións boas ou malas, senón que todas son necesarias e deben aprender a manexalas. A índa que nos parezan obvias, aos máis peques cústalles interpretar as emocións propias e alleas . Por iso, tanto en casa como na escola debemos proporcionarlles oportunidades para que sexan capaces de identificar as súas emocións así como expresalas e regulalas. Isto propocionará aos máis pequenos unha boa base emocional para a súa vida diaria: ü   Crecerá en confianza consigo mesmo. ü   Será capaz de saber que ten capacidades. ü   Aprenderá dos erros. ü   Terá boa autoestima. ü   Será unha persoa asertiva. ü   Terá boas habilidades sociais. ü   Terá boas habilidades para resolver os conflitos. ü   Será cap

New York Philharmonic Kidzone

Imagen
Ola familias: Hoxe traémosvos unha aplicación web da New York Philharmonic Orquestra. Nela atoparedes xogos, descubriredes instrumentos e ata podedes crear os vos propios. A explorar! Facendo click en calquera das imaxes accededes á paxina web, que ao ser dunha orquestra de New York, está en inglés. Esta é unha boa ocasión para familiarizarse cos nomes dos instrumentos en lingua inglesa, xa que os materiais presentanse de xeito moi atractivo.  Esperamos que vos gusten.  Un saúdo

Reto musical II

Imagen
Ola familias: Aqui vos deixo outro reto musical: Aqui a canción orixinal de Paco Nogueiras: Aqui a versión karaoke: Bicos para todas e para todos!

Festival de retos

Imagen
Benqueridas familias, Estamos moi ledos de recibir tantas reportaxes dos retos que ides logrando. Bravo por vos!!! Seguide así. Olivia Aguiar, coa frauta da súa irmá Daniela Avións feitos por Eloy e Paula Lema, con palliñas e tiras de papel Traballo en equipo! Mateo, Pepe e Juan cunha maqueta da súa casa, feita en plastilina Aquí nos explican o seu traballo A familia Amor envía varios retos: Como veredes, mesmo forman unha orquestra!! E nos seguintes vídeos, veredes a Clara conseguindo varios retos motrices. Fantástico, Clara!! A continuación Max Lens e o papel hixiénico, reto conseguido!! E por último Lola Franqueira mostranos as suas habilidades. Bravo Lola! Moitisimas grazas, familias pola vosa colaboración

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Imagen
Ola de novo familias, Unha semana máis, traemos novas propostas que confiamos vos motiven e emocionen tanto como a nos. Como sabedes, onte foi o Dia das Letras Galegas e, como non podía ser doutro xeito, queremos celebralo, aínda que sexa virtualmente. Por elo, deixámosvos varios enlaces para que poidades coñecer o autor homenaxeado este ano: RICARDO CARVALHO CALERO, a súa obra e unha morea de xogos e propostas didácticas http://seminariogalan.org/ http://aspitas.gal/ https://www.afundacion.org/ga/afundacion-en-casa/recurso/carvalho-calero-na-voz-dos-nens.-poema-sen-ttulo-do-libro-futuro-condiciona

FELIZ DÍA

Imagen
Ola a tod@s, A entrada de hoxe é moi especial, xa que hoxe, 15 de maio, celébrase o Día Internacional das Familias. A familia, ese conxunto de persoas tan especial, verdade? Pois nos gustaría propoñervos que nos presentedes á vosa familia, e así podemos coñecernos todos e todas un pouquiño máis. Podedes facer un debuxo, un vídeo de presentación, utilizar unha foto real cunha pequena explicación, e mesmo que fagades, se vos apetece, unha árbore xenealóxica. Se decidides facer calquera destas propostas, xa sabedes que nos encantaría velas así que non dubidedes en mandalas. Unha aperta e...... FELIZ DÍA FAMILIAS!

Video retos hixiénicos

Imagen
Ola nenas e nenos! Aqui vos vai outro reto (que en realidade son 5). Espero que vos gusten e desfrutedes facendoos.  E xa sabedes, que se despois de ver este video, animadesvos a grabar un vídeo, podédelo enviar ao correo infantilceiplabaca@gmail.com e o colgaremos no blogue para que vos poidan ver as vosas compañeiras e compañeiros.  Bicos e apertas!

Plataforma de libros online MyOn

Imagen
Estimadas familias: A editorial dos libros de inglés que usamos no cole (Richmond), pon a vosa disposición o acceso a unha plataforma de libros online. Ten 6.891 referencias (fai click na imaxe para acceder ao video explicativo de como funciona a plataforma): Para poder acceder tedes que rexistravos, o rexistro é gratuito, pero necesario para poder acceder aos contidos. A maioria do libros son en inglés pero tamén hai en castelán e frances, teñen distintos niveis de dificultade que aparecen recollidos na información de cada libro, pero o mellor é que teñen a opción de audio. Facendo click na seguinte imaxe tedes o video explicativo para rexistravos: A ligazón á páxina de rexistro é a seguinte: http://www.richmondelt.com/richmondreads/ E o sitio web da plataforma e este: https://www.myon.com/school/spainreads Espero que vos guste, e así practicades a lectura e o inglés. Por certo aproveito para recordavos a web dos contidos dixitais de Ama

AS NOSAS EMOCIÓNS

Imagen
Boas! Aquí estamos de novo, e hoxe traémosvos un novo conto  (facede click na imaxe). Cremos que o traballo das emocións é unha parte moi importante, e por iso queremos compartir convosco este conto sobre as emocións, e toda esta situación que estamos a vivir. Así que esperamos gústevos moito, e facémosvos unha pregunta para que poidades falalo en familia: E TI, COMO TE SINTES?                                                            

Reto musical conseguido!

Imagen
Algunhas familias xa conseguiron o reto musical desta semana, e queren compartir con nos a sua experiencia. Ollade: Aquí está Alejandro, que buscou todos os intrumentos que tiña na casa, e atopou máis dos que esperaba. Tamén nos explica a que familia pertence cada un. Queremos dar as grazas tamén a Carolina a súa irmá que aparece no video axudando: Esta é Lola, que ten na súa casa unhas castañuelas, un shekere que é un instrumento que ven de Africa e que soa parecido ás maracas, e unha pandeireta. Todos instrumentos de percusión. Menuda festa! : Aquí temos a Pepe tocando o piano e Juan a harmónica. Unha familia de artistas! Outra familia de artistas é a de Max, que coa axuda dos seus irmán amosannos todos os instrumentos que teñen na casa. Aparecen todas as familias, fixadevos ben: percusión, vento e corda. Teñen tantos que parece unha tenda de música. Que sorte! E tamén temos un vídeo de Vasco, no que demostra que é un artistazo dos pés á

Charlas inspiradoras

Imagen
Bo dia familias! Queremos rematar a semana con dúas breves conferencias moi interesantes: Na primeira o ilustre pedagogo Francesco Tonucci (proposto para o premio Princesa de Asturias 2020 en ciencias sociais), expón de xeito sinxelo e ameno moi boas ideas para converter á casa na escola, nestes tempos de cuarentena. Oxalá vos sirvan os seus consellos! Na segunda, o prestixioso doutor Mario Alonso Puig, especialista na intelixencia humana, motívanos a descubrir as nosas capacidades e talentos, para así aumentar a nosa autoestima e o éxito na vida. Boa fin de semana familias!.

As familias de instrumentos

Ola familias, aqui vos deixo un novo video, esta vez toca música. Agardo que vos guste. Bicos e apertas

Videos do reto e máis manualidades e fotos

Imagen
Ola: Aqui vos van os videos de algunhas compañeiras e compañeiros que fixeron os retos dos equilibrios, fixérono xenial, va que si? Mirade que ben o fixo Lucía Agora Alejandro Aquí Gonzalo e Guillermo e aquí o de Max E como dí o título desta entrada, estas son as fotos das manualidades que fixo Jael E para rematar unhas fotos de Clara, que traballou un montón: Esperamos que vos gustaran, e estade antentas e atentos, que mañan haberá outro video con máis retos. Unha aperta!

A BAILAR!

Boas familias, Coa entrada de hoxe queremos que empecedes a semana movendo o esqueleto, e por iso, traémosvos unha recompilación de todas as cancións que adoitamos escoitar. Non tedes máis que pulsar enriba da canción que queirades escoitar e subir o volume! Esperamos que vos guste moito!