Reto musical conseguido!

Algunhas familias xa conseguiron o reto musical desta semana, e queren compartir con nos a sua experiencia. Ollade:

Aquí está Alejandro, que buscou todos os intrumentos que tiña na casa, e atopou máis dos que esperaba. Tamén nos explica a que familia pertence cada un. Queremos dar as grazas tamén a Carolina a súa irmá que aparece no video axudando:



Esta é Lola, que ten na súa casa unhas castañuelas, un shekere que é un instrumento que ven de Africa e que soa parecido ás maracas, e unha pandeireta. Todos instrumentos de percusión. Menuda festa! :



Aquí temos a Pepe tocando o piano e Juan a harmónica. Unha familia de artistas!





Outra familia de artistas é a de Max, que coa axuda dos seus irmán amosannos todos os instrumentos que teñen na casa. Aparecen todas as familias, fixadevos ben: percusión, vento e corda. Teñen tantos que parece unha tenda de música. Que sorte!


E tamén temos un vídeo de Vasco, no que demostra que é un artistazo dos pés á cabeza. Foi quen de tocar unha canción percutindo en vasos cheos de auga con distintas medidas que facían as notas músicais. Quedei coa boca aberta! E tamén outra cancíon da banda sonora do Rei León co Ukelele. Creo que estamos a presenciar o nacemento dunha estrela. Parabéns Vasco!





E xa para finalizar temos un video de Ada facendo o reto dos equilibrios, mirade que ben o fai:


Sodes uns e unhas artistas! Encantáronnos os videos, moitos parabéns! 
E xa sabedes, que se despois de ver este entrada, animadesvos a grabar un vídeo, podédelo enviar ao correo infantilceiplabaca@gmail.com e o colgaremos no blogue para que vos poidan ver as vosas compañeiras e compañeiros. 
Bicos e apertas, boa fin de semana!



Comentarios

Entradas populares de este blog

A BAILAR!

INICIAMOS UN NOVO CURSO

Celebramos o Samain