Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2020

Comeza o Entroido!

Imagen
Este ano o Entroido no noso Cole ten como temática as Olimpíadas. O pasado martes día 18 fixemos un desfile de inauguración, foi un acto moi emocionante, xa que iamos disfrazados de SúperTiago, que é un alumno do noso Cole que está loitando contra enfermidade. Deste xeito pretendemos enviarlle todas as nosas forzas para que siga loitando! Moito Ánimo Tiago! 

De aquí para alá

Imagen
O pasado venres 14 de febreiro, as alumnas e alumnos da clase de 5to e 6to de Educación Infantís fumos ao Pazo de Ópera para ver o espectáculo de Lydia Botana "De aquí para alá". Nel cóntase a historia dun neno que se chama Gali que está moi triste, pero coa axuda da súa amiga Bolboreta e un pouco de música todo se soluciona. Aqui vos deixamos unhas imaxes do espectáculo: Deixamosvos tamén a ligazón á páxina web de Lidia onde podedes escoitar o disco: páxina web de Lydia Botana

Día da Paz

Imagen
O pasado día 30 de Xaneiro celebramos no cole o día da paz. Na biblioteca vimos o contacontos de Pepuca e o monstro: Despois estivemos nas recordando o conto e preparando un mosaico xigante, que representa dous símbolos da Paz. Unha Pomba e o creado por Gerald Holtom, que no alfabeto semáforo representa as letras D e N (Disarm Nuclear): Foi un día moi especial, e como toda celebración acabamos cantando: https://youtu.be/n9ppwF6h1sc https://youtu.be/FAzxQ-NNATg https://youtu.be/jbvXr7lAcgw https://youtu.be/VkuRIZ7QyDM