Entradas

Mostrando entradas de junio, 2020

FIN DE CURSO

Imagen
Xa esta aquí o verán!!!!!! E con el dicímoslle adeus a este curso tan diferente... Queremos darvos as grazas a todas as familias pola vosa colaboración e apoio ao longo do curso e moi especialmente pola vosa implicación no ultimo trimestre no que ademais de papas e mamás tamén tiveches que facer de profes... Parabéns!! Desexámosvos un moi bo verán a todos, cheo de experiencias, de familia, de praia e excursións, de relax, de xeito que volvamos en setembro coas mochilas cargadas de ilusión para o novo curso!! Unha aperta moi grande, Equipo de educación infantil

AS EMOCIÓNS: RABIA OU ENFADO

Imagen
O enfado é unha emoción sa e positiva. Se o neno ou a nena está enfadado é por algo; non debemos tomalo como un ataque cara a nós. Para regular o enfado hai que adestrar ANTES , traballar con moita calma DURANTE e falar sobre o ocorrido DESPOIS . Ø   ANTES DO ENFADO A regulación do enfado debe realizarse mentres o neno atópase nunha situación de calma e tranquilidade e  adéstrase xogando co neno ou contándolle un conto . Antes do enfado imos prestar atención a 3 aspectos : 1. Ensinar á neno respiración abdominal , é dicir, relaxada e acougada, xa que cando o neno enfádase a súa respiración axítase. Podemos utilizar dous xogos: Esta actividade ten o obxectivo de ensinarlle aos nenos máis pequenos a diferenza entre respirar rápido e forte (respiración de enfado), como o elefante; e respirar lento e suave (respiración sosegada), como o rato. É importante xogar co neno (primeiro somos ratos, despois elefantes...). - Teño un globo na mi

Plans de venres

Imagen
Un venres máis, traémosvos novas propostas culturais: TEATRO EN FAMILIA ,  AFundación en casa e a compañia Entremans, presentan GAIA, unha obra para achegarnos á natureza EXPERIMENTOS DE CORES, desde Aulas Galegas, propoñennos experimentar con xeos agora que se achega o verán. Aquí vos deixamos o enlace: https://aulasgalegas.org/experimentamos-con-xeos-de-cores/ E para rematar, unha HISTORIA moi orixinal... Ata o luns familias

Terceiro reto musical (segunda parte)

Imagen
Aqui tedes a segunda parte do reto musical da semana pasada

AS EMOCIÓNS: A TRISTEZA

Imagen
Isto é o que nos di o conto "O monstro de cores" sobre a tristeza.     Os nenos e as nenas poden estar tristes por unha  pequena rifa con algún compañeiro, porque preferirían facer algo que nese momento non pode ser, pola perda dalgún xoguete, por un cambio de colexio... As veces manifestan a triteza chorando.     1- A burla de "Eres un choronica" é tremendamente negativa, pois ridiculizamos os seus sentimentos.     2- Non debemos meterlles presa ante a pregunta "Que che pasa?". Hai que darlles o tempo que necesiten e o importante e que se sintan escoitados e apoiados en todo momento.     3- Tampouco hai que quitarlle importancia ao que nos contan, xa que para eles a ten. O que se debe facer é menguar o posible dolor ou tristeza que o causa e non minimizar o seu impacto.     4- Por último, recordar que non debemos reñirlles. Un abrazo sempre será moito mais efectivo que frases do tipo "

Día mundial del medio ambiente

Imagen
Hoxe, 5 de xuño, celebramos en todo o mundo o dia do medio ambiente. Así que, desde aqui, queremos contribuír lanzando unha chuvia de sinxelas ideas e recursos para axudar, entre todos, a coidar o noso planeta. Lembrade que é na infancia cando se adquiren os hábitos e a sensibilidade necesaria para adquirir conductas e actitudes respetuosas que durarán toda a vida.  Comezamos co conto: "¿Qué le pasa al planeta?". Cunha linguaxe sinxela e fermosas imaxes, mostra a un planeta enfermo e da pautas para sanalo. Como facer papel reciclado caseiro? Ollade o seguinte titorial E que vos parece unha sinxela excursión ao campo ou a praia con luvas e bolsa de lixo e recoller xuntos todos os papeis e basura que atopedes? E si plantamos sementes nun vasiño de iogur? (lentellas por exemplo) Un pouco de musica tamén pode ser moi motivadora: Oxalá vos sirvan! Bo fin de semana familias!!

Terceiro reto musical

Imagen
Ola familias: Ao longo dos pasados meses de marzo, abril e maio celebraronse os premios da música galega "Martín Códax", no que se dan a coñecer talentos musicais da nosa comunidade. Podes acceder á paxina web do concurso pinchando na imaxe: Nestes premios hai moitas categorías, e diso é o que trata o novo reto musical, estades preparadas e preparados, pois aí vos vai: Se queredes escoitar as bandas do concurso pinchade na seguinte foto (tamén podedes buscalas en Youtube, e así lles vedes as caras) : Que a música non pare!

AS EMOCIÓNS: A ALEGRÍA

Imagen
   Hai emocións "positivas" (están asociadas co benestar) e hai emocións "negativas"  (se acompañan de malestar), pero todas elas son válidas e necesarias. Non podemos evitalas, pero si aprender a manexalas, xa que teñen unha gran influencia na nosa conduta e o noso pensamento.     Poderíamos dicir que a ALEGRÍA é a emoción da infancia. É a emoción que máis nos impulsa á acción, a falar, a expresar, a relacionarnos... É sinónimo de sorriso e risa e, á súa vez, produce benestar físico e mental. Cando nos sentimos alegres a nosa enerxía aumenta e a nosa maneira de pensar é máis positiva.     Para axudar aos nenos e nenas a tomar conciencia das propias emocións, coñecer as dos demais e aprender a regulalas podemos partir de contos, cancións... Como neste caso estamos a falar da alegría deixámosvos estes recursos: Ø   ¿QUÉ COUSAS ME DAN ALEGRÍA? (click na imaxe) E ti..., queres encher este bote con cousas que che dan alegría? Podes escribi