AS EMOCIÓNS: RABIA OU ENFADO


O enfado é unha emoción sa e positiva.

Se o neno ou a nena está enfadado é por algo; non debemos tomalo como un ataque cara a nós.
Para regular o enfado hai que adestrar ANTES, traballar con moita calma DURANTE e falar sobre o ocorrido DESPOIS.

Ø  ANTES DO ENFADO
A regulación do enfado debe realizarse mentres o neno atópase nunha situación de calma e tranquilidade e  adéstrase xogando co neno ou contándolle un conto.
Antes do enfado imos prestar atención a 3 aspectos:

1. Ensinar á neno respiración abdominal, é dicir, relaxada e acougada, xa que cando o neno enfádase a súa respiración axítase.

Podemos utilizar dous xogos:













Esta actividade ten o obxectivo de ensinarlle aos nenos máis pequenos a diferenza entre respirar rápido e forte (respiración de enfado), como o elefante; e respirar lento e suave (respiración sosegada), como o rato. É importante xogar co neno (primeiro somos ratos, despois elefantes...).

- Teño un globo na miña barriga


O xogo consiste en tombarse, coa música de fondo, e imaxinar que dentro da barriga hai un globo. Ides inchar inspirando polo nariz e levando o aire á barriga. Despois expirades pola boca despacito, sentindo como o globo desínflase. Podes poñerlle un boneco que non pese moito encima da tripa. A idea é que o boneco suba cando a barriga ínflase de aire e baixe cando expulse o aire pola boca.



Cóntar un conto.O equipo de infantil propoñémosvos algúns (facede click na imaxe): 

Vaya Rabieta  


La Rabieta de Julieta



La Rabieta de Julieta




Cuando estoy enfadado



3. Ensinar ao neno para soltar enerxía dunha forma adaptativa

O enfado activa o noso organismo para actuar, por iso o neno necesita soltar esa enerxía acumulada. Para elo podemos utilizar un coxín ou plastilina.





















Ø  DURANTE O ENFADO
1. Manter a calma
2. Darlle apoio corporal
3. Por en marcha as estratexias aprendidas no "antes do enfado"

Ø  DESPOIS DO ENFADO
- Pregúntalle que lle ocorría (aínda que ti creas sabelo, pregúntallo para que sexa el mesmo quen cho conte),
- por que estaba así,
- que fixo que se lle pasase…
Pódeslle lembrar algún dos contos e como os seus personaxes superaron o enfado.
En definitiva, axúdalle a poñer nome a esa emoción.




Comentarios

Entradas populares de este blog

A BAILAR!

INICIAMOS UN NOVO CURSO

Celebramos o Samain