AS EMOCIÓNS: A ALEGRÍA



   Hai emocións "positivas" (están asociadas co benestar) e hai emocións "negativas"  (se acompañan de malestar), pero todas elas son válidas e necesarias. Non podemos evitalas, pero si aprender a manexalas, xa que teñen unha gran influencia na nosa conduta e o noso pensamento.
    Poderíamos dicir que a ALEGRÍA é a emoción da infancia. É a emoción que máis nos impulsa á acción, a falar, a expresar, a relacionarnos... É sinónimo de sorriso e risa e, á súa vez, produce benestar físico e mental. Cando nos sentimos alegres a nosa enerxía aumenta e a nosa maneira de pensar é máis positiva.
    Para axudar aos nenos e nenas a tomar conciencia das propias emocións, coñecer as dos demais e aprender a regulalas podemos partir de contos, cancións... Como neste caso estamos a falar da alegría deixámosvos estes recursos:

Ø  ¿QUÉ COUSAS ME DAN ALEGRÍA? (click na imaxe)



E ti..., queres encher este bote con cousas que che dan alegría? Podes escribir ou facer debuxos

 

Ø  LA SONRISA QUE LILY DESCUBRIÓ (click na imaxe)


Ø  CUANDO ESTOY CONTENTO (click na imaxe)

Ø  MIS PEQUEÑAS ALEGRÍAS (click na imaxe)



Este conto pode ser unha boa escusa para preguntar logo a nosos peques que gardarían eles nesa caixa, e así descubrir que cousas valoran e fanlles felices.  

Ø  Canción SÚBETE AL TREN DE LA ALEGRÍA (click na imaxe)










Comentarios

Entradas populares de este blog

A BAILAR!

INICIAMOS UN NOVO CURSO

Celebramos o Samain