COÑECEMOS AS EMOCIÓNS



   As emocións son reaccións do noso corpo ante algún estímulo da contorna ou do noso propio organismo.
   Os nenos e nenas experimentan as mesmas emocións que os adultos, por iso é importante que aprendan a identificalas e saber que función cumpre cada unha delas. Non hai emocións boas ou malas, senón que todas son necesarias e deben aprender a manexalas. Aínda que nos parezan obvias, aos máis peques cústalles interpretar as emocións propias e alleas. Por iso, tanto en casa como na escola debemos proporcionarlles oportunidades para que sexan capaces de identificar as súas emocións así como expresalas e regulalas. Isto propocionará aos máis pequenos unha boa base emocional para a súa vida diaria:
ü  Crecerá en confianza consigo mesmo.
ü  Será capaz de saber que ten capacidades.
ü  Aprenderá dos erros.
ü  Terá boa autoestima.
ü  Será unha persoa asertiva.
ü  Terá boas habilidades sociais.
ü  Terá boas habilidades para resolver os conflitos.
ü  Será capaz de enfrontarse aos desafíos diarios. 
ü  Poderá de comunicarse cos demais (e consigo mesmo) de forma exitosa.
   As emocións son as encargadas de determinar como afrontamos a vida.

   Nesta primeira entrada sobre o tema das emocións partiremos dun conto ben coñecido por todos os nenos e nenas e que seguro vailles gustar volver a velo, "O monstro de cores" (facede click na imaxe). 



   Con este conto, dunha maneira moi gráfica (usando a cor como eixo central do relato) os nenos e nenas aprenderán a identificar as distintas emocións. Podemos falar con eles sobre como se sentiron en determinadas ocasións e de como se sentirían si...
   A canción O monstro de cores tamén lles pode gustar moito (facede click na imaxe):



Unha aperta para todos e todas!



Comentarios

Publicar un comentario

Entradas populares de este blog

A BAILAR!

INICIAMOS UN NOVO CURSO

Celebramos o Samain