FELIZ DÍA

Ola a tod@s,

A entrada de hoxe é moi especial, xa que hoxe, 15 de maio, celébrase o Día Internacional das Familias.
A familia, ese conxunto de persoas tan especial, verdade?

Pois nos gustaría propoñervos que nos presentedes á vosa familia, e así podemos coñecernos todos e todas un pouquiño máis. Podedes facer un debuxo, un vídeo de presentación, utilizar unha foto real cunha pequena explicación, e mesmo que fagades, se vos apetece, unha árbore xenealóxica.

Se decidides facer calquera destas propostas, xa sabedes que nos encantaría velas así que non dubidedes en mandalas.

Unha aperta e...... FELIZ DÍA FAMILIAS!











Comentarios

Entradas populares de este blog

A BAILAR!

INICIAMOS UN NOVO CURSO

Celebramos o Samain