Recursos informática, música e inglés


Dibujo de Ordenador 3 pintado por en Dibujos.net el día 26-03-19 a ...


Ola de novo:


De seguido deixovos algunhas ligazóns a recursos que utilizamos na aula de informática. Recordade que as nenas e nenos de 5to e 6to van unha vez cada 15 días (os de 4to non van), e que non convén abusar deste tipo de actividades en idades tan temperás:

-ARA Y BELBO

-FANTASMÍN

-ELBUHOBOO


Resultado de imaxes para: ingles amanda panda

Ademáis para que non se esquezan do traballado en Inglés tamén temos estas aplicacións:

 -AMANDA PANDA

 Nesta aplicación podedes acceder ao game center, pero non aos contidos específicos do libro, xa que as contrasinais están nos propios libros das nenas e nenos.

-ENGLISH FOR LITTLE CHILDREN

Esta é outra aplicación do ministerio de educación que trae contidos en inglés.

-SUPER SIMPLE SONGS
-PATTI SHUKLA

Estas son dúas canles de youtube con moitas cancións que utilizamos habitualmente na aula.

Aproveito para recomendarvos a opción que existe en clan tv ou na TVG para ver os debuxos en inglés (tedes que cambiar o idioma na TV), que dende o meu punto de vista é o mellor xeito de que "collan oído" e a forma natural de que aprendan.



Resultado de imaxes para: musica niños

Temos tamén esta aplicación, que traballa a música e que utilizamos as veces na aula.

-MÚSICA EDUCA APLICACIÓN 

De Música Educa tamén existe unha canle en Youtube con moitas cancións.

-MUSICA EDUCA CANLE YOUTUBE 


Esta é outra canle Youtube con recursos musicais, partituras e algúns xogos para seguir o ritmo.

-PEQUEÑO MOZART 

A seguinte é unha ligazón a unha radio con cancións en galego

-RADIO PICARIÑA

Por último recomendarvos un videoxogo de baile, que se chama "JUST DANCE KIDS" no que hai que seguir unha coreografía. Se non o tedes, en youtube, están case todas as cancions.

Moito ánimo, e se tedes algunha aportación ou dubida, podedes facer comentarios, son máis que benvidos.

Unha aperta moi forte!

Comentarios

Entradas populares de este blog

A BAILAR!

INICIAMOS UN NOVO CURSO

Celebramos o Samain