Propostas para a estimulación da linguaxe oral

 
The Rolling Stones - OJO MELÓMANO

Hoxe subimos ao Blogue unhas recomendacións elaboradas por Gloria a especialista en Audición e Linguaxe para estimular a linguaxe oral. Agardamos que vos sirvan de axuda:

PROPOSTAS PARA ESTIMULAR A LINGUAXE ORAL NA CASA
INTRODUCCIÓN
Ao longo do día aparecen gran número de situacións nas que a través do xogo pódese desenvolver a linguaxe do neno ou nena. Estes días de estancia na casa podemos aproveitar para etimular a linguaxe oral en familia, sempre de xeito lúdico e integrado nas actividades cotiás.
1-HABILIDADES AUDITIVAS
-Identificar sons usuais da natureza, animais, obxectos, feitos e fenómenos da vida cotiá (voces de familiares ou persoas coñecidas, ruídos da cociña, ruídos da rúa)
-Chamar a atención sobre algúns sons e pedir silencio para oír mellor.
2-FONOLÓXICO
-Mastigar (non purés, bocadillos, chicles...)
-Non reforzar (utilizando o adulto a mesma lingua de trapo)  a expresión defectuosa por graciosa que nos pareza.
-Non obrigarlle a repetir de forma continuada palabras mal pronunciadas. Repetilas ben o adulto.
-Xogos de soprar:
Inflar as meixelas e deixar saír o aire.
Inflar globos.
Estender e facer soar matasogras.
...
Realizar onomatopeas (en forma de xogo) de animais diversos: galo, galiña, rebuzno do burro, muxido da vaca, coches, motos...
-Facer gárgaras.
-Adiviñar palabras sen pronunciar, facendo que o/a nena/o se fixe na articulación dos fonemas.
3-MORFOSINTÁCTICO
Lerlle pequenos contos ou relatos infantís. Aproveitar despois para que a/o neno/a o conte a outro familiar.
4-SEMÁNTICO
-Xogar ao Veo, veo (pódese probar a xogar a adiviñar segundo o inicio do nome do obxecto a adiviñar, empeza polo son pla).
-Esconder cousas e logo darlle pistas para que as encontre.
-Cando salga de paseo, facéndolle observar todo o que ten a o seu redor.
-Aproveitar unha excursión ao campo ou unha saída para conversar, ampliar vocabulario.
-Xogar a palabras encadeadas.
5-PRAGMÁTICO
-Aproveitar calquera ocasión (como as tarefas da casa, a observación de prendas de vestir no armario, os mobles dunha habitación ou os cores...) para proporcionar mensaxes claros e breves, sempre colocándose á altura dos seus ollos.
-Nunca se lle debe ignorar, hai que escoitarlle atentamente, non interromperlle e responder as súas preguntas, convertendo a comunicación nun pracer.
-Os nenos aprenden moito por imitación, polo tanto cando fale co seu fillo/a, fágao a modo, pronunciando correctamente sen dar gritos.
-Non responder por el ou ela e deixar que se exprese libremente.
-Non facer de intérprete con ela ou el ante outras persoas.
ORIENTACIÓNS XERAIS

1-Respiración: convén que presten atención para comprobar se o neno ou nena respiran habitualmente pola boca. É importante que se lle ensinen a limparse as mucosidades do nariz soándose axeitadamente, evitando que as inspiren ou traguen. Os xogos de sopro (apagar unha vela, usar pitos, trompetas, matasogras, facer pompas de xabón) son apropiados para mellorar a capacidade respiratoria. Procuren educalo para que non grite ao falar.
2-Alimentación: Procuren que as nenas e os nenos tomen alimentos sólidos que esixan certo esforzo ao mastigar (froita a mordiscos, pan de barra...) para fortalecer os músculos da cara e da boca. Pódense realizar xogos de imitación de xestos: sorpresa, medo, caras de animais, caras grotescas, coa lingua en distintas posicións...sempre como un xogo, sen forzarlle.
3-Audición: É importante facer ao neno ou nena consciente do mundo sonoro que lle rodea ensinándolle a diferenciar os diversos ruídos do ambiente; por exemplo, facerlle notar os distintos tonos de timbres: espertador, da porta, do telefono; pola rúa , os diferentes ruídos que producen as motos, os coches, os autobuses.
4-Vocabulario: Deben falar co seu fillo ou filla sempre que sexa posible, e estimularlle para que tome iniciativa na comunicación. Procuren ensinarlle o nome das cousas da súa casa, da rúa, do pobo...e a súa utilidade. Por exemplo, isto é unha tixola, “¿para que serve? serve para fritir, asar, cociñar así xurdirán frases coa palabra: o meu pai frite un ovo na tixola...
5-Crear un ambiente comunicativo e estimulador na casa: Falar co seu fillo ou filla e mellor que falar ao seu fillo ou filla: Estean  atentos escoitándoo ou escoitándoa sempre que o solicite. Non reforzar a expresión defectuosa por graciosa que nos pareza.
- Non sexan excesivamente correctores: Cando a nena ou neno pronuncie mal limitaranse a dicir a palabra correcta sen obrigarlle a repetila sempre. Busquen tempo diariamente para falar co seu fillo ou filla.
- Non bombardear ao neno ou nena con preguntas, e cando se llas fagan, fáganllas de forma que non poda contestar, si ou no , senón cunha palabra ou frase. Deben adaptar a súa linguaxe de forma natural, sen abusar dos diminutivos e introducindo palabras novas para que vaian enriquecendo o seu léxico.
- Déixelle contestar e falar por teléfono con familiares e amigos.
- Non responda en lugar do seu fillo ou filla cando se dirixa a el ou ela outra persoa, non interprete o que di. Non facer de intérprete con ela ou el ante outras persoas.
- Deben procurar que non vexa en exceso a televisión.
- Ensinen a utilizar ao seu fillo ou filla as fórmulas de cortesía: gracias, por favor, bos días, “¿pódese? , “¿molesto?, desculpas... En especial coas persoas máis próximas: pais, avós, irmáns, tíos, veciñas...




Comentarios

Entradas populares de este blog

A BAILAR!

INICIAMOS UN NOVO CURSO

Celebramos o Samain