Boas familias, Coa entrada de hoxe queremos que empecedes a semana movendo o esqueleto, e por iso, traémosvos unha recompilación de todas as cancións que adoitamos escoitar. Non tedes máis que pulsar enriba da canción que queirades escoitar e subir o volume! Esperamos que vos guste moito!
Queridas familias: Dámosvos a BENVIDA a este curso, que como sabedes, ven cargado de novos hábitos e normas imprescindibles poder convivir do mellor xeito posible coa COVID19. Animo a todos, estamos a facelo MOI BEN!! Grazas pola vosa colaboración e esforzo! Hoxe deixámosvos un video no que vos presentamos aos novos alumnos e alumnas de 3 anos e tamén a todo o equipo docente que impartirá clases en infantil. Feliz curso a toda a comunidade educativa!
Queridas familias: Como cada ano por estas datas, chegou o Samaín, esa festa que tanto nos gusta desfrutar. Grazas ao voso traballo, o noso corredor quedou terroríficamente precioso. Pero non vaiades a pensar, que no cole estivemos traballando para que quedara todavía máis terrorífico:
Comentarios
Publicar un comentario